arte

23,70€

mercar

A arte do imposible

Ramón Máiz

Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2010

Neste libro sostense que a verdadeira política, a política digna de tal nome, é de natureza constitutiva, a súa cerna é a construción, a partir do que vén dado, de novos intereses, valores, preferencias e identidades. Estas son precisamente algunhas das cuestións que se abordan nos capítulos de A arte do imposible. Así, analízase o clientelismo como unha grave patoloxía da democracia por mor da súa natureza despolitizadora; deféndese un modelo de democracia republicana que adopta como contido a producción política das preferencias da cidadanía, mais aló da súa mera agregación quer representativa quer participativa. Reivindícase a paixón como "descoñecida raíz común" da política.

Fronte ó hiperracionalismo da visión política da modernidade, do seu esgazado modelo de mente política fría, Ramón Máiz reivindica a capital pertinencia politizadora dos afectos e o sentimento. Finalmente, sostense que no actual contexto de crise económica, da man do clamoroso fracaso das políticas neoliberais, alenta outra mais fonda, estructural crise socioecolóxica, debedora dun modelo de sobrecrecemento inxusto e inviable. De aí que cumpra reforzar mais que nunca o valor político da igualdade, aínda que repensada desde o novo horizonte da sustentabilidade.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 316
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-11-04
  • Colección : Ensaio
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-396-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-216Grial 216 VV.AA.
ofacedordeteatroO facedor de teatroThomas Bernhard
o-morto-asasinadoO morto asasinado e outros contosMaría do Carme Kruckenberg

maiz

Máiz, Ramón
Ramón Máiz é catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela. Os seus principais campos de investigación son o nacionalismo e o federalismo comparado, e a teoría política. Algúns dos seus últimos libros son: Democracy, Nationalism and Multiculturalism (coeditado con Ferrán Requejo, 2004), Ethnicisme et Politique (coeditado con Jean Tournon, 2005); Nación y Revolución: la teoría política de E. Sieyès (2007), Nación y Literatura en América Latina (2008), The Inner Frontier (2011). Como compilador: Os sentidos das culturas (2011). É vicepresidente do Comité sobre Ética e Política da Asociación Internacional de Ciencia Política.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR