abella

9,00€

mercar

A abella abesullona

Manuel Janeiro

Preguntar e preguntar ata saber e atopar

Un libro sobre unha abella disposta a pasar á historia a base de preguntar e preguntar
e preguntar.

Un becho fascinante, en definitiva. E uns personaxes engaiolantes que son quen de expresar toda a variedade feliz que hai na natureza.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 60
  • Deseño : Rústica
  • Dimensións : 130 x 200 mm.
  • Data Publicación : 2009-12-03
  • Colección : Árbore a partir de 8 anos
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-243-7
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-218Grial 218 VV.AA.
senlleirasSenlleirasAntía Yáñez Rodríguez

janeiro

Janeiro, Manuel
Manuel Janeiro (Madrid, 1951), profesor, escritor e deseñador, despregou unha ampla actividade en variados campos da creación. No eido da gráfica editorial e o audiovisual foi responsable da imaxe das editoriais Galaxia e Gredos e autor, a partir dos seus propios guións, de dúas obras sobre o traballo de dous arquitectos: Mínimo (2003) e As persoas do verbo (2004). Como poeta, publicou Primera edad (1977), Poemas sobreros (1989) e Ensayos para el habla (2009); como narrador, Pucho o habitador dos tellados (IBBY, 2007) e A fada das lapas (Galaxia, 2008), ademais dunha incursión na literatura infantil con A abella abesullona (Galaxia, 2009). O sexo masculino dos anxos (Galaxia. Literaria, 2014) é a súa última obra en prosa. Unha novela coa que sube un chanzo máis que o leva a se converter nunha das voces máis singulares da nosa literatura.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR