1q

27,00€

mercar

1Q84. Libros 1 e 2

Haruki Murakami

Un dos proxectos máis ambiciosos do escritor xaponés

932 páxinas das que xorde un universo novelesco único, un magma narrativo poderoso, unha ficción que ilumina oblicuamente o mundo no que estamos a vivir.

Aomame é unha asasina que non deixa trazas nas súas vítimas, coma se finasen de morte natural. Tengo é un profesor e autor inédito ao que lle piden que reescriba unha novela abraiante mais imperfecta. E Fukaeri é unha estudante cuxos pais, membros dunha comuna chamada Amencer, levan sete anos desaparecidos.

A novela desenvólvese sobre o pano de fondo da historia contemporánea, das sectas relixiosas, do maltrato e da corrupción, un universo enrarecido no que o narrador escarabella para desvelar outra realidade oculta.

Traducida directamento do xaponés para o galego por Mona Imai e Gabriel Álvarez, 1Q84 é o terceiro título de Murakami publicado por Galaxia, que antes tirara do prelo a novela Tras do solpor e o libro Do que estou a falar cando falo de correr.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 932
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-02-01
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-325-0
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-216Grial 216 VV.AA.
ofacedordeteatroO facedor de teatroThomas Bernhard
o-morto-asasinadoO morto asasinado e outros contosMaría do Carme Kruckenberg

haruki

Murakami, Haruki
Haruki Murakami (Kioto, Xapón, 1949), despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou a vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da "Triloxía do rato". Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood (1987) ou Kafka na beiramar (2002).

As súas obras están traducidas a máis de trinta idiomas e por elas recibiu recibiu prestixiosos premios como o Noma, o Tanizaki, o Yomiuri e o Franz Kafka e, en Galicia, o Arcebispo San Clemente, concedido por estudantes galegos.

Obtivo o Premi Internacional de Catalunya 2011 outorgado pola Generalitat "por convertir a súa obra nun referente destacado do panorama literario mundial e construír unha ponte entre Oriente e Occidente". E en 2015, o Hans Christian Andersen.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR