libro3

22,70€

mercar

1Q84. Libro 3

Haruki Murakami

Na terceira e última parte de 1Q84 Murakami continúa a historia de Aomame e Tengo

Logo da publicación dos Libros 1 e 2, moi ben recibidos entre as lectoras e os lectores galegos
e con excelentes críticas no noso país, volven Aomame e Tengo, desta vez na compaña do detective Ushikawa. Haruki Murakami continúa a historia de Aomame, que, despois de asasinar o líder da seita Vangarda, refúxiase nun apartamento agochado mentres conserva a esperanza de reencontrarse con Tengo, o outro protagonista da novela. A narración desenvólvese á vez en dous mundos imbricados, o de 1984 e o de 1Q84 -en xaponés, Q e 9 pronúncianse do mesmo xeito-, un universo singular, de noites iluminadas por dúas lúas, que absorve e imita a realidade, que a fai súa.

Con motivo da publicación de 1Q84 Libros 1 e 2 en Francia, a novelista Amélie Nothomb, autora de Un nome de dicionario (Galaxia, 2003), escribiu no xornal Le Monde: "Haruki Murakami crea universos dos que unha queda prsioneira. O autor convida […] a que os lectores poñan toda a súa atención nos elementos máis pequenos da narración para que cada un deles xogue o papel de interface. Pois o miolo da literatura de Murakami é ese: establecer conexións entre o noso mundo e outro universo […] Outra volta, o encantamento funciona: quedamos absortos nunha lectura que ten un aquel de manga e de ucronía mais tamén, e sobre todo, quedamos
engaiolados por unha atmosfera que só pertence a Haruki Murakami."

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 532
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 135 x 210 mm.
  • Data Publicación : 2011-09-28
  • Colección : Literaria
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-9865-389-2
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-216Grial 216 VV.AA.
ofacedordeteatroO facedor de teatroThomas Bernhard
o-morto-asasinadoO morto asasinado e outros contosMaría do Carme Kruckenberg

haruki

Murakami, Haruki
Haruki Murakami (Kioto, Xapón, 1949), despois de realizar estudos universitarios, traballou durante oito anos como encargado dun bar de jazz en Toquio. Ao iniciar a súa carreira como novelista, marchou a vivir a Italia, Grecia e os EUA, onde foi profesor de literatura xaponesa na Universidade de Princeton. En 1995 volveu ao Xapón e actualmente vive en Toquio. É tradutor de Scott Fitzgerald, John Irving e Raymond Carver. Segundo el mesmo conta, a idea de escribir a súa primeira novela ocorréuselle mentres vía un partido de béisbol, deporte moi popular no Xapón. Escoita a voz do vento (1979) sería tamén a primeira novela da "Triloxía do rato". Entre as súas novelas máis coñecidas cómpre citar Norwegian Wood (1987) ou Kafka na beiramar (2002).

As súas obras están traducidas a máis de trinta idiomas e por elas recibiu recibiu prestixiosos premios como o Noma, o Tanizaki, o Yomiuri e o Franz Kafka e, en Galicia, o Arcebispo San Clemente, concedido por estudantes galegos.

Obtivo o Premi Internacional de Catalunya 2011 outorgado pola Generalitat "por convertir a súa obra nun referente destacado do panorama literario mundial e construír unha ponte entre Oriente e Occidente". E en 2015, o Hans Christian Andersen.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR