ciclismo

42,00€

mercar

120 anos de ciclismo galego

Xerardo González Martín

Unha densa crónica da longa marcha do ciclismo galego na que Xerardo González Martín recrea fitos e persoas coa mestría do xornalista experto.

Hai máis de cen anos o ciclismo galego xa era de primeira categoría. A finais do século XIX algún corredor da nosa terra, caso de José Curbera Fernández, conseguía a maior velocidade de España tanto en estrada como en pista. A principios do XX, un sprinter galego, o compostelán Manuel Neira, foi campión de España de 1904 a 1908.

Xerardo González Martín, con experiencia na historia local e no desenvolvemento dos primeiros automóbiles galegos, moitas veces con cicleiros ao volante, fai unha aproximación ao ciclismo que cumpre agora 120 anos.

Recensións


Detalles

  • Páxinas : 364
  • Deseño : Rústica con lapelas
  • Dimensións : 21 x 24 cm.
  • Data Publicación : 2007-08-23
  • Colección : Libros singulares e fora de colección
  • Editorial : Galaxia
  • ISBN : 978-84-7154-116-1
  • Edición : 1

Noticias relacionadas


Obras do autor en catálogo


Actividades relacionadas


Novidades

grial-216Grial 216 VV.AA.
ofacedordeteatroO facedor de teatroThomas Bernhard
o-morto-asasinadoO morto asasinado e outros contosMaría do Carme Kruckenberg

xerardo

González Martín, Xerardo
Xerardo González Martín (Ávila, 1942), é periodista e escritor. Foi redactor xefe de Radio Popular e director de El Correo Gallego, Antena 3 e Televigo. Comprometido coa realidade do país, participou en política na etapa da transición, desenvolvendo o posto de Delegado do Ministerio de Cultura na provincia de Pontevedra (1979) e máis tarde obtendo acta de deputado no Parlamento galego (1981). É membro fundador do Instituto de Estudios Vigueses, "Vigués Distinguido" e colaborador asiduo de La Voz de Galicia. A súa preocupación polo devir da cidade de Vigo levouno a fisgar con intensidade no pasado da Cidade Olívica. Froito do seu traballo é unha serie de libros sobre a historia local viguesa, entre os que salientan Vigo no espello dos nosos avós (Xerais, 1991) e máis Gallegos al volante. 1900-1930 (Instituto de Estudios Vigueses, 1995), que foi Premio Fundación RACE.


Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR