Xavier Alcalá participa na Feira Internacional do Libro de Miami

Categoría: Nova

Xavier Alcalá vai asistir á Feira Internacional do Libro de Miami para presentar a súa última novela, Verde oliva, baseada na biografía real dunha axente doble durante a Revolución que levou a Castro ao poder. A novela vén de ser publicada por Galaxia en galego, e pola editorial Nowtilus en castelán.

O escritor Xavier Alcalá intervirá como invitado especial nunha mesa redonda sobre a realidade de Cuba.

A presentación de Verde oliva terá lugar o día 7 de novembro, ás 18:00 h, na librería Books & Books, en Coral Gables.

Comparte nas túas redes sociais ou por email