Estás aquí:

Código: 738

Vento de sal

13,95  IVE INCLUIDO
Diálogo de dúas voces en contraste, Vento de sal parte da procura da memoria íntima para se achegar, desde os instantes fundacionais do tempo pasado, ao presente dos acontecementos históricos colectivos.
Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de ámbitos oníricos, e unha modulación de vontade épica, de proxección social e de denuncia. Unha nova inflexión da súa poética, que constata agora a imposibilidade de trazar a paisaxe da permanencia, co perenne contrapunto da transcendencia outorgada polos outros.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 112
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 22/02/2008
Dimensións 12,5 x 22 cm. mm.
Colección: Dombate (Poesía
Nº na colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-052-5
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

AUTORES/AS

Álvarez Cáccamo, Xosé María
pep caccamo

Naceu en Vigo en 1950. Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela e dende 1973 exerceu de profesor de Literatura en varios institutos de Galicia. Destaca como poeta, aínda que tamén publicou relatos breves, algunha peza teatral e textos para o público infantil. Como ensaísta centrouse na poesía galega da segunda metade do século XX, con estudos como Vida de Antón Avilés de Taramancos. A comezos do 2006 publica en Galaxia as súas memoria baixo o título de Memoria de poeta.

Da súa obra lírica destacan os poemarios Luminoso lugar de abatimento, Premio Esquío 1986, e Calendario perpetuo, Premio da Crítica de Galicia 1998. Formou parte dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia e Faro das Letras de Faro de Vigo. Foi membro do Foro da Cultura e na actualidade forma parte do consello de redacción da revista Grial e do colectivo Burla Negra. Premio da Cultura Galega 2018 na modalidade de letras.

As súas obras

Vida de Antón Avilés de Taramancos
vida taramancos
descatalogado

COLECCIÓN

Dombate (Poesía

A fraga prateada
fraga prateada
10.90€ CON IVE
A illa das mulleres loucas
a illa mulleres loucas
12.90€ CON IVE
A nada destemida
9788471548221
12.00€ CON IVE
A ponte das poldras
ponte das poldras
12.00€ CON IVE
A rosa de ninguén
a rosa ninguen
esgotado
A traxectoria caótica do péndulo
pendulo
10.70€ CON IVE
Acusación
acus
12.90€ CON IVE
Antiga claridade
antiga claridade
12.00€ CON IVE