Valcárcel, Marcos

MARCOS VALCÁRCEL
Valcárcel, Marcos

(Ourense, 1958-2010), historiador, xornalista e activista cultural, foi un dos fundadores do Club Cultural Alexandre Bóveda de Ourense. Nos seus traballos dedicouse á historia do xornalismo e ás biografías de Ferro Couselo, Xaquín Lorenzo e Carlos Casares, entre outros. Creou o blog cultural e de actualidade As uvas na solaina, que obtivo moita sona e éxito de público. Recibiu numerosos galardóns, entre eles a Medalla Castelao en 2009. Das súas obras destacan: A prensa en Ourense e a súa provincia. Catalogación e estudio (1987), A cidade da xeración Nós (1996), Carlos Casares, punto de encontro (2002), O poder da palabra (2006) e Historia de Ourense (2008).

As súas obras

Ramón Otero Pedrayo. Vida, obra e pensamento
9788491517757
24.00€ CON IVE