Solar, María

solar
Solar, María

María Solar é unha das autoras máis lidas e traducidas dos últimos anos en Galicia. Escritora e xornalista, a súa carreira profesional na comunicación está moi vencellada ao mundo audiovisual. É coordinadora de cultura da CRTVG e presenta o programa ZigZag Fin de Semana da TVG. Presentou todo tipo de programas e formatos tanto en radio como en televisión e colaborou en prensa e revistas. A súa formación académica abrangue as ciencias e as letras. É licenciada en Bioloxía e Xornalismo e diplomada en Maxisterio

Como escritora colleitou éxitos como ‘Os nenos da varíola’ (Galaxia, 2017), premio ao mellor libro xuvenil da III Gala do Libro. Gañou o Premio Lazarillo de creación literaria con ‘O meu pesadelo favorito’ (Galaxia, 2015), tamén premio ao mellor libro infantil da I Gala do libro e destacado na preciada Lista White Ravens da Biblioteca de Múnich. Entre outros libros da autora destacan: ‘As horas roubadas’ (Xerais, 2016) Premio Frei Martin Sarmiento á mellor novela de adultos, A verdadeira historia da mosca da tele (Galaxia, 2012) Premio Frei Martin Sarmiento, ‘As meigas de Lupa’ (Xerais, 2012), ‘Teño un pés perfectos’ (Kalandraka, 2012) Lista White Ravens, ‘Vou ter un irmán’ (Galaxia, 2010) Premio Frei Martin Sarmiento. En ensaio publicou, entre outros, o libro ‘¿Quieres ser periodista?’ (Siruela, 2017) con Luis Fraga. Case toda a súa obra está traducida a castelán e catalán e internacionalmente ten traducións ao portugués, italiano, chino e filipino.

As súas obras

O meu pesadelo favorito
O meu pesadelo favorito
14.00€ CON IVE
A verdadeira historia da mosca da tele
mosca
11.50€ CON IVE
Vou ter un irmán!!!
irman
16.90€ CON IVE
Os nenos da varíola
osnenosdavariola
14.70€ CON IVE