Sarmiento, Frai Martín

fray martin
Sarmiento, Frai Martín

Pedro José García Balboa naceu en 1695 en Vilafranca do Bierzo e morreu en Madrid en 1772. Ós catro meses de idade a familia trasladouse a Pontevedra, onde transcorreu a súa infancia. En 1710 entrou no mosteiro bieito de San Martín de Madrid. No periodo en que estudou Teoloxía en Salamanca tomou os apelidos Martín Sarmiento.

Sarmiento voltará a Galicia en 1745 e en 1754. Destas viaxes obterá unha grande cantidade de información sobre a lingua e a cultura galegas, sobre as que escribirá numerosos textos. Logo da primeira viaxe redactou escritos que o sitúan como fundador da lingüística galega, como Colección de voces y frases gallegas e o Glosario. Despois da segunda viaxe apareceu o Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, no que une os seus intereses pola lingua galega e pola botánica.

Estes e outros textos conforman unha contribución imprescindible para o coñecemento do galego do século XVIII. Sarmiento foi unha das grandes figuras da ilustración en España. Propuxo que ós galegos se lles ensinara no seu propio idioma, e recolleu gran cantidade de información etnolóxica, botánica, histórica e folclórica de Galicia. A pesar de que apenas escribiu en galego (Coloquio en mil duascentas coplas galegas), o seu interese pola lingua do noso país foille recoñecido coa dedicatoria do Día das Letras Galegas en 2002.

As súas obras

Sobre a lingua galega. Antoloxía de Martín Sarmiento
sobre lingua sarmiento
32.50€ CON IVE
Coloquio en coplas galegas
coloquio coplas
11.15€ CON IVE