Ramos, Alberto

Foto Alberto Ramos
Ramos, Alberto

Alberto Ramos (Santiago, 1986) licenciouse en xornalismo na Facultade de Ciencias da Comunicación de Compostela. Dende o ano 2009 traballou na sección de cultura de Xornal de Galicia ata o peche da cabeceira. Dende aquela traballa de freelance para medios de comunicación coma Luzes, Praza pública ou Sermos Galiza. Combina o traballo de xornalista coa súa faceta literaria. No ano 2006, gañou o Premio Biblos Pazos de Galicia coa novela Dor pantasma. Tres anos despois, obtivo o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia coa obra Con acuse de recibo e, en 2012, acadou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria coa novela Todos os días.

As súas obras

Os corpos dos Romanov
9788491519539-1
16.70€ CON IVE
Máscaras rotas para Sebastian Nell
Máscaras rotas para Sebatián Nell
26.70€ CON IVE