Quince edicións para 'Xente no rodicio'

Categoría: Nova

Este mes de maio que xa rematou viu saír do prelo, entre outras novidades bibliográficas interesantes, a primeira edición na Biblioteca Neira Vilas, mais a número quince dende que viu a luz no ano 1965, de 'Xente no rodicio', o primeiro libro de relatos de Xosé Neira Vilas.
Nesta nova edición, agora dentro da colección que leva o nome do creador de Balbino, mantemos o limiar de Salvador de Lorenzana, é dicir, de Francisco Fernándes del Riego, así como as históricas ilustracións de Xohán Ledo, naquela altura, responsable de moitos dos deseños e capas da nosa editorial.
Un clásico polo que (e por iso é clásico) non pasa o tempo.

Comparte nas túas redes sociais ou por email