Manel Cráneo prepara a BD de A nosa cinza, de Xavier Alcalá

Categoría: Nova

Con máis de 100.000 exemplares vendidos e tres xeracións de galegos e galegas conquistadas dende o seu lanzamento en 1980, A nosa cinza é unha das obras máis populares da narrativa galega contemporánea. Xavier Alcalá volve a súa ollada aos días de escola, a unha adolescencia caracterizada polas inseguridades e medos, o espertar dos sentimentos amorosos e a descuberta do valor da amizade. Esta recreación dos tempos da posguerra a través das vivencias dun rapaz conquistará as xeracións vindeiras, tamén, cun novo formato, o da banda deseñada. Un equipo formado por Manel Cráneo, Alfredo Ferreiro e o propio Xavier Alcalá traballa xa na novela gráfica, que chegará ás librarías o próximo ano.

Comparte nas túas redes sociais ou por email