Lorenzo Corcoba, Mariné

marine
Lorenzo Corcoba, Mariné

Mariné preséntase con este texto aos lectores de Editorial Galaxia:

«Da arca da miña infancia rescato as tardes a carón da cheminea, os artigos que o meu pai nos daba a ler, inculcándonos o amor ao noso idioma galego. Esa facilidade para poder chegar a tanta xente fascinábame. Cando morreu, entre as súas cousas encontrei o seu primeiro libro de poemas, poemas de adolescente que revelan ao escritor que levaba escondido e que quizais por cuestión xenética, quizais polo ben que me lía o Home da Selva , foron a súa mellor herdanza.

Despois de estudar Maxisterio comecei traballando como Educadora na Cidade Infantil. Os nenos con problemas,mostráronme o mundo desde a outra beira e escoiteilles narrar,abusos sexuais, abandonos,vivin queimaduras de ácido, ao tempo que triunfos e metas alcanzadas que facían esquecer o anterior, sesións de conta-contos, lectura compartida. E escribín pensando neles.

Son nai adoptiva. Tres nenos chamaron un día á miña vida e iluminárona de recordos da miña nenez. A maior chegou con cinco anos. Ao chegar á súa adolescencia, un tremendo cancro fíxoa madurar durante dous longos anos de loita, anos nos que lle escribín moito e lle lin moito máis. Unha tarde de verán, entre os meus brazos, rodeada dos seus irmáns, sentín que xa non me falaría xamais e, non obstante, non deixarei de escribir pensando nela.

Así nace Un sono na bandexa como unha ponte que me une a todos os nenos, como unha ilusión convertida en realidade».

As súas obras

Un soño na bandexa
9788498653045
8.30€ CON IVE