Labraña, Carlos

Carlos-Labraña-196x220
Labraña, Carlos

Carlos Labraña é un dramaturgo galego nado en Cedeira (A Coruña) en 1969 especializado en teatro para nenas e nenos. A súa relación co teatro comezou no Colectivo Garola de teatro infantil, no que participou na escrita de pezas como O segredo de Daniel (1998) ou A Escada (1994), ambas as dúas premiadas na Mostra de Teatro Xeración Nós. Tamén acadou diferentes premios, como o Estornela, o Manuel María e O Facho con pezas que se len e representan de maneira habitual nos colexios. Entre a súa produción tamén podemos atopar O Apalpador (2016), Estrelecer (2019) ou Contra o reloxo (2021, que levou o Premio Martín Sarmiento en 2023)

Xa de maneira individual, escribiu obras para nenas e nenos como Indo para o Samaín ou Os sons da bugina. Gañou en dúas ocasións o premio Estornela por Teatro de Xoguete (2010) e A pequena compaña (2014); O Facho por Espantallo (2013), Moito Morro Corporation , Sociedade Ilimitada (2014, galardoada co Premio de Teatro na Gala do Libro 2017), Estrela… fugaz? (2015, Premio SGAE 2022), e Ícaras (2022); así como os premios Manuel María de literatura dramática infantil por O valo (2016) ou SGAE por Mambrú volveu da guerra (2022).

En 2016 fundou a compañía de teatro Os Furabolos para levar á escena as súas obras, e na que desenvolve tamén a súa faceta como actor e director.

 

As súas obras

Ícaras
9788411761956
11.50€ CON IVE
Estrela... fugaz?
9788491519287
11.80€ CON IVE
Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada
Moito Morro Corporation
11.90€ CON IVE
O apalpador
O-apalpador-1
10.90€ CON IVE