Isaac Díaz Pardo: medalla das Belas Artes

Categoría: Nova

O artista, deseñador, editor e em­presario galeguista Isaac Díaz Pardo recibiu onte a Medalla de Ouro ao Mérito das Belas Artes nun acto celebrado en Santan­der.
O intelectual galeguista ve así recoñecida, con este novo galardón, toda a súa traxectoria vital e artística na que ademais da súa faceta como defensor e divulgador da nosa cultura, se valora a súa magnífica laboura no campo das artes plásticas, na que é sen lugar a dúbidas, un referente esencial dentro de Galicia e no resto do Estado.
Isaac Díaz Pardo, bo e xeneroso, grande entre os de Nós e artista completo. Lume e guieiro sempre.

Comparte nas túas redes sociais ou por email