Iglesias, Bieito

Bieito Iglesias
Iglesias, Bieito

(Ourense, 1957). Estudou Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e exerce de catedrático de lingua e literatura galegas en Compostela. Actualmente colabora como articulista en A nosa terra e en Tempos Novos, labor polo que obtivo o Premio Blanco Torres no ano 2004 e que ao ano seguinte se publicaría reunido no libro Barcos a pique.

Deuse a coñecer como narrador en 1988, obtendo o premio Modesto R. Figueiredo de relato breve. Como narrador publicou as novelas Vento de seda, A vida apoteósica e A historia escríbese de noite, pola que recibiu o Premio García Barros, amais dos libros de relatos Aventura en Nassau, Miss Ourense, O mellor francés de Barcelona, Amor e música lixeira e Pan e coitelo, libros que chamaron a atención de críticos e lectores. O mesmo ocorreu con Bajo las más bellas estrellas, novela en castelán coa que gañou o premio Ciudad de Salamanca.

Bieito Iglesias é tamén o autor, xunto con Manuel Vázquez, das magníficas traducións ao galego das novelas e relatos de Arthur Conan Doyle agrupados na Biblioteca Sherlock Holmes (Galaxia, 1995-1997).

As súas obras

Miss Ourense
Miss Ourense
17.40€ CON IVE
Contos da terra da tarde
contos
22.00€ CON IVE
Amor e música lixeira
amor musica lixeira
17.50€ CON IVE
A historia escríbese de noite
historia escribese de noite
16.45€ CON IVE