Graña, Bernardino

bernardino graña
Graña, Bernardino

Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de Lingua e Literatura. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. Participou tamén como articulista en La Noche Faro de Vigo, ademais de colaborar como ensaísta en numerosas publicacións. En 1958 participa na creación do grupo Brais Pinto, en Madrid, e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). É autor dunha ampla obra que abrangue diferentes xéneros. Da súa produción poética pódense salientar títulos como Profecía do mar (1966), Non vexo Vigo nin Cangas (1975) ou Se o noso amor e os peixes… (1980). Tamén é autor de novelas, entre as últimas están A fuga a Exipto (2016) e O neno mariñeiro (2017). Sen dúbida, é á literatura infantil e xuvenil á que ten dedicado os seus maiores esforzos, cunha produción que supera os vinte títulos, entre os que se atopan: O león e o paxaro rebelde (1969), O gaiteiro e o Rato Pérez (1994), Contra o león covarde (1995), Larpancia saborosa do lobo e a raposa (2010) ou Tragaxán e Tragadiño (2016). Membro da Real Academia Galega, foi distinguido ao longo da súa traxectoria con numerosos galardóns como o Premio Abrente, o Pedrón de Ouro, o Premio Estornela de Teatro, o Premio Merlín, o Premio Celso Emilio Ferreiro do Concello de Santiago e o Premio Eixo Atlántico de narrativa.

As súas obras

A fuga a Exipto
A fuga a Exipto
20.00€ CON IVE
Sen sombra e sen amor
sen sombra e amor
12.00€ CON IVE
Lobísimo do saco. Tres titiritadas
lobisimo-do-saco
14.70€ CON IVE
Tragaxán e Tragadiño
Tragaxán e Tragadiño
9.60€ CON IVE