Giráldez, Diego

Diego-Giraldez
Giráldez, Diego

(O Porriño, 1976). Exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra e Xornal de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade, faino co diario dixital Praza Pública e a revista Luzes. Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine e escribiu libros relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia.

En 2016 publicou o libro de relatos curtos Galería de saldos, o seu primeiro traballo de narrativa, polo que foi elixido «Autor galego do ano» pola revista Fervenzas Literarias. En 2019 publicou en Editorial Galaxia a novela Hotel para coleccionistas discretos e participou nas obras colectivas O libro dos trens e A secreta melancolía da garza (Galaxia, 2019).

Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Literario José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015) e o Premio Literario Manuel Murguía (2016). En 2020 quedou finalista do XVII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.

As súas obras

Hotel para coleccionistas discretos
hotel-para-coleccionistas-discretos
14.70€ CON IVE
O meu sangue
9788491518419
16.30€ CON IVE