Estás aquí:

Código: 1093

A forza pública na Universidade de Santiago

20,90  IVE INCLUIDO
Honni soit qui mal y pense. Isto non é un panfleto, é un relato.
Quen crese o contrario, nin da FUE sabe, nin sabe de min. Escríbeseeste libro para que a opinión coñeza con exactitude o que apenas puido entrever a través da prensa turiferaria do despotismo, a través das palabras —palabras aladas, fugacísimas— nosas. Durante moito tempo só a eles lles foi dado falar. Hora é xa de que se eleve a nosa voz, e de que se lles responda. Pero non faremos outra cousa, en canto sexa posible, senón narrar os feitos. Eles sangran elocuencia, contundente e limpísima. Sexa o meu relato todo o obxectivo, todo o imparcial, todo o frío que pode ser un relato escrito por un actor na historia que di. Nada hai aquí no aire colgado, na vaguidade prendido, aprendido no abstracto dun rumor, afincado no contar anónimo. Da veracidade de canto aquí se di, e eu en persoa non presenciei, responden actores, testemuñas oculares dos feitos. Claro que, subsidiariamente, tamén respondo eu. E así vai esta narración ao público, escrita por un estudante que non só non ocupa xa cargo ningún na FUE, senón que se sente un pouco afastado dos afáns ordinarios da xuventude escolar; pero sente fondamente enraizado, na entraña da alma, o fervor universitario; e máis respecto ante a toga do mestre que ante a toga do xuíz. Oxalá se lean estas páxinas con claridade de corazón, e a sospeita infame ou o sectarismo vil non turben a mirada de quen as lea”. Do limiar de R. CARBALLO CALERO (Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1931)

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 96
Deseño: Cartoné
Data Publicación:
Dimensións 170 x 240 mm.
Colección: Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago
Nº na colección:
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-460-2
Observacións:

AUTORES/AS

Carballo Calero, Ricardo
carballo calero

Catedrático de Lingüística e Literatura Galega e escritor. Licenciado en Dereito e Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e doutor en Letras pola Universidade Central de Madrid. Foi o secretario do Seminario de Estudos Galegos e partillou os principios políticos do Partido Galeguista (1931). Foi membro da Real Academia Galega. A partir de 1970 foi o principal teorizador e defensor das teorías do reintegracionismo lingüístico co portugués como vía para a normalización do galego. Do seu traballo académico destacan a Historia da literatura galega contempóranea (1975) e mais Estudos rosalianos (1979). Como poeta, iniciouse en castelán con Trinitarias (1928) e La Soledad confusa (1931), para continuar en galego con Vieiros (1931) e O siléncio ajoellado (1934) ata a súa madurez en Anxo de Terra (1950). Como prosista abriu a xeira da novela galega da postguerra con A xente da barreira (1950, Premio Bibliófilos Gallegos). Tamén cultivou o xénero dramático de xeito continuado dende 1936, con obras como A sobra de Orfeu, 1948.

Dedicóuselle o Día Das Letras Galegas no 2020.

As súas obras

Historia da literatura galega contemporánea
historia-da-literatura-galega-contemporanea
42.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Biblioteca Literaria do Consorcio de Santiago

A forza pública na Universidade de Santiago
a-forza-publica-na-universidade-de-santiago
20.90€ CON IVE