ESCOLARES ARXENTINOS NA FUNDACIÓN OTERO PEDRAYO

Categoría: Nova

O pasado venres, un grupo de vinte e tres estudantes e profesores do Instituto de Educación Santiago Apostol, -escola galega mantidas polos emigantes e administración galega en Buenos Aires e punto de encontro educativo de todas as asociacións da colectividade- visitaron varios puntos de Ourense.
Despois de percorrer a cidade, achegáronse a Trasalba, sobre as 13:30. Alí os membros da Fundación Susana Gonzalez e Afonso Vázquez-Monxardín explicáronlles a historia da Casa Grande de Cimadevida e procederon xuntos cos alumnos a varias lecturas de textos relacionados con Otero Pedrayo e Buenos Aires e sobre o mapa de Fontán.
A continuación a expedición porteña seguiu visita ás terras do Carballiño acompañados do poeta e Luís González Tosar.

Comparte nas túas redes sociais ou por email