Debate: 'Para que nos serve Galiza?' en Vigo

Categoría: Nova

O vindeiro luns 23 de decembro ás 20,00 horas celebraremos un debate arredor da reflexión plantexada no libro de Xaime Subiela, 'Para que nos serve Galiza?'. Intervirán, xunta o autor: David Rodríguez, Miguel Barros e Ana Miranda. Organizan Galaxia e Nave das Ideas. A xornada celebrarase no Café DE CATRO A CATRO de Vigo, na rúa Girona.
O libro foi o último merecente do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio e nel o xurado que ditaminou o premio, integrado por Luís Alonso Girgado, por Miguel Barros Puente, por Encarna Otero Cepeda, Por Carme Vidal Lage e por Carlos Lema, valorou de xeito especial a modernidade da análise da situación actual de Galiza e o novidoso da formulación dos retos da sociedade galega de hoxe, así como a visión optimista de futuro que reflite o ensaio.

Comparte nas túas redes sociais ou por email