Constenla Vega, Xosé

xose-constenla-luis-soto
Constenla Vega, Xosé

(Santiago de Compostela, 1980) é xeógrafo. Licenciouse e doutorouse en Xeografía na Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade é profesor de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Vigo e de Xeografía Humana na Universidade de León. Con anterioridade foi docente na Universidade da Coruña e na Carlos III de Madrid. No ámbito privado, traballou profesionalmente no campo do Urbanismo e da Ordenación do Territorio. Publicou numerosos artigos en revistas científicas no eido da Xeografía e das Ciencias Sociais. En 2010, publicou o libro (Re)Imaxinando o universo urbano. De Batilmore a Santiago de Compostela. En 2018 publicou O colapso territorial en Galiza, e no 2022 O pesadelo de Punta Falcoeiro. Na súa faceta como cantautor, ten catro discos publicados: Quen fixo berrar ao silencio (2005), Olladas dun entusiasta (2008), Sinecismo. Xosé Constenala ao vivo (2013) e Virada por avante (2016).

As súas obras

O colapso territorial en Galiza
o-colapso-territorial-en-galiza
19.20€ CON IVE