Estás aquí:

Código: 776

Materiais do libro

ARBORES NO DESERTO

Árbores no deserto

15,90  IVE INCLUIDO
A reflexión poema que pertence a esta obra recibe o "Premio Poesía aRi[t]mar Galiza e Portugal"
Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes de ser tallada, a poesía latexa no corpo en prosa do pensamento filosófico. Do mesmo xeito que as partituras sustentan as acrobacias da improvisación, entre os cimentos dos discurso sólidos brinca, funambulista, a liquidez dos versos. Así, este libro escribiuse ao desconstruír a voz e o trazo das súas autoras. Sobre a trama resultante a literatura compuxo colaxes urdidas coa figura e as palabras de pensadores que teceron imaxinarios redentores a través do tempo. As raíces das súas ideas medran agora en nós, coma árbores no deserto. Coma árbore no deserto agroma, rizomática, a nosa arte, oasis de liberdade.

Comparte nas túas redes sociais ou por email

Detalles do libro

Páxinas: 124
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 160 x 220 mm.
Colección: Dombate
Nº na colección: 92
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-470-1
Observacións: Ilustracións de María Xosé Costa Valiño (Chiña

AUTORES/AS

Fernández Rial, Rosalía
rosalia-fernandez-bocixa

(Costa da Morte, 1988) é filóloga, doutora en didáctica das linguas e da expresión dramática pola USC e performer. Mais, sobre todo, e desde moi nova, dedícase á escrita. Como poeta publicou os libros En clave de sol (2009), Átonos (2011), Un mar de sensacións (2012), Vinte en escena (2012, 2014), Ningún amante sabe conducir (2014), Contra-acción (2016) e a antoloxía bilingüe Sacar a bailar. Poesía reunida (2009-2016). No ámbito do ensaio, destaca o seu traballo Aulas sen paredes, un libro-DVD sobre unha metodoloxía innovadora no ámbito da didáctica das linguas que recibiu o Premio á mellor iniciativa bibliográfica da II Gala do Libro Galego en 2017.

Actualmente imparte aulas de lingua e literatura en Cabana de Bergantiños, forma parte da directiva da AELG, do consello de redacción da Revista Galega de Educación e de diferentes proxectos artísticos de carácter interdisciplinar.

As súas obras

Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE

COLECCIÓN

Dombate

17 segundos
9788491516309
18.70€ CON IVE
A herdade
9788491517702
12.90€ CON IVE
A abertura da boca
9788491517481
12.00€ CON IVE
Antese
9788491517870
12.90€ CON IVE
Árbores no deserto
arbores-no-deserto
15.90€ CON IVE
Baleas e baleas
baleas-e-baleas
13.95€ CON IVE
Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas
9788491519447
13.95€ CON IVE
Canta de cerca a morte
9788471549112
esgotado