Primeiro capítulo de Expedición Tilovonte, de Carlos López

Categoría: Nova

O escritor Carlos López lévanos con Expedición Tilovonte a unha expedición divertida, disparatada e incrible. Viaxamos da súa man a mundo onde todo é posible e acontecen as cousas máis tolas.
Unha fervenza imaxinativa, a de Carlos López, que te atrapa dende o inicio, por iso queremos ofrecerche o primeiro capítulo para que te atrevas a comezar esta viaxe imposible de esquecer!
Atréveste? Descarga aquí o primeiro capítulo.
Carlos López é ademais humorista gráfico nas páxinas de La Voz de Galicia, actividade pola que recibiu galardóns como o Haxtur de Humor ou o Premio Mingote. Na súa faceta de escritor presta especial atención á literatura infantil. Neste eido, as súas obras mereceron, entre outros, o Premio Merlín, o Raíña Lupa e o Xosé Neira … Agora con Expedición Tilovonte ofrécenos diversión, humor e boa literatura para os máis pequenos e pequenas.

Comparte nas túas redes sociais ou por email