O Director do Instituto Cervantes, César Antonio Molina, presentou o pasado mes de febreiro de 2006 en Mondoñedo (Lugo) xunto co Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, a primeira tradución ao árabe dun libro do polifacético escritor Álvaro Cunqueiro. Trátase dunha das máis célebres novelas do escritor mindoniense, Si o vello Simbad volvese as illas, escrita en 1961 polo poeta, narrador, pensador e xornalista galego.

Na presentación interviron, ademáis do Presidente da Xunta de Galicia e César Antonio Molina, escritor en castelán e en galego e experto na obra de Cunqueiro; o alcalde da cidade, Luís Rego; César Cunqueiro, fillo do escritor e o tradutor da novela ao árabe, Larbi El Harti. Con anterioridade, realizouse unha ofrenda floral ante a tumba de Cunqueiro, finado no 1981.

O libro tamén se presentou recentemente no Salón do Libro de Casablanca (Marrocos), nun acto no que César Cunqueiro manifestou que a tradución "supón unha devolución do caudal que Cunqueiro tomou das fontes árabes para escribir o seu Simbad".

A citada tradución ao árabe promovida polo Instituto Cervantes enmarcase dentro da estratexia desta institución de fomentar ocoñecemento internacional de todas as literaturas que integran o acervo lingüístico e cultural do país.

Editorial Galaxia cedeu os dereitos para este traballo de tradución e sintese orgullosa de que un autor do seu catálogo tan importante para a formación da cultura e a historia de Galicia teña a proxección que merece.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR