A revista Granta, unha das máis importantes no panorama internacional, publicou tres poemas do libro Un libre favor de Chus Pato, á que presentan como unha das poetas contemporáneas máis importantes do panorama europeo. Unha autora prodixiosa que é quen de levar a súa escrita en galego por todo o mundo, mediante traduccións ao castelán e inglés por Erín Moure, poeta canadense de orixe galega. Algúns títulos como Secesión ou Carne de Leviatán, ilustran o exemplo.

Recibiu numerosos premios pola súa escrita e en 2013 foi nomeada pola Asociación de Libreiros de Galicia como a autora do ano. En 2015 convertiuse na primeira poetisa galega en ser gravada para os arquivos de sons da Woodberry Poetry Library na Universidade de Harvard. Fala con frecuencia en festivais literarios e conferencias por toda Europa, América do Sur, Canadá, Estados Unidos, Cuba e África do Norte.

En novembro de 2019, lerá xunto con Erín Moure no Queen’s College da Universidade de Oxford.

Velaquí a ligazón:
Three poems from Un Libre Favor (An Open Gift, or Abundance)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR