O sábado 8 de marzo presentouse no Liceo de Ourense o "Roteiro pola vida e obra de Carlos Casares", un itinerario de 19 puntos da cidade relacionados coa súa vida e a súa obra.
No acto interviñeron Xavier Casares e Xosé Manuel Soutullo, en representación das tres entidades promotoras: o Liceo de Ourense, a Fundación Carlos Casares e Editorial Galaxia, ademais do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez. Pechou a sesión Afonso Monxardín, que explicou as características e os obxectivos do roteiro.
Finalizada a presentación no Liceo, os asistentes realizaron unha parte do percorrido. Nas distintas estacións léronse fragmentos de distintos textos casarianos relacionados con eses espazos.
A cidade de Ourense contará, por tanto, cunha presenza constante de Carlos Casares nas rúas dunha cidade que tivo un gran protagonismo en boa parte da súa obra.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR