Presentouse o novo libro de María Canosa

Categoría: Nova

O novo poemario de María Canosa, titulado 'Vagalume de versos' e que acabamos de publicar na colección Árbore foi presentado o pasado venres nunha ateigada Casiña dos Contos en Bandeira. A librería quedou pequena para acompañar á escritora que estivo abeirada polo tamén escritor David Otero e o editor Francisco Castro.
David Otero fixo as delicias dos presentes, en especial da cativada cando, armado de xiz de cores inventou un poema en directo roubándolle palabras aos pequerrechos e pequerrechas.
Pola súa banda María Canosa explicou diante dun auditorio divertido cando aos trece anos comprendeu que o título de poeta "me viña grande" pois tiña que recitar, en público, precisamente uns poemas de David Otero e tiña pánico de estragalos. Como ben se demostrou no que ela leu, o título de poeta teno máis que merecido.
(no noso blogue deixamos galería fotográfica do acto)

Comparte nas túas redes sociais ou por email