Presentouse O MEU PESADELO FAVORITO en Pontevedra

Categoría: Nova

O pasado sábado, no Pazo da Cultura de Pontevedra e dentro dos actos do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, a escritora María Solar, acompañada pola investigadora Malores Villanueva e o escritor e editor Francisco Castro, presentou o Premio Lazarillo 2014 titulado O MEU PESADELO FAVORITO.
Malores Villanueva explicou como o libro que María Solar escribiu era, coma as matrioskas rusas, unha historia dentro doutra historia que contén outra historia. Os pequenos e pequenas que se achegaron coas súas familias á presentación, escoitaron, da boca de Malores Villanueva, pequenos petiscos dalgúns dos sonos que Manuel, o protagonista do libro, ten grazas á febre e, sobre todo, grazas aos xaropes que o veterinario lle receita.
María Solar explicou a xénese do libro, e o libre que se sentiu escribíndoo, soñándoo.
Ao remate do ano, foron moitos os cativos e cativas que quixeron fotografarse coa escritora. No noso blogue deixamos mostra dalgunhas das fotografías que o Salón do Libro subiu ás súas redes.

Comparte nas túas redes sociais ou por email