Presentouse FEITIZO DE SANGUE en Vigo

Categoría: Nova

A librería Librouro de Vigo quedou onte pequena para acoller a todas as persoas que quixeron acompañar á escritora Sabela González na presentación do seu libro FEITIZO DE SANGUE, segunda parte da triloxía fantástica AS CRÓNICAS DE LANDEREINA.
A autora estivo acompañada polo escritor e editor Francisco Castro.
Durante a súa intervención, Sabela González explicou a xestación do mundo máxico de Landereina e o proceso creativo destes dous libros e os seus personaxes.
A triloxía, que conta con milleiros de seguidores en todo o país, terá o seu remate no vindeiro 2016 cando se publique o terceiro tomo e saibamos que aconteceu na pescuda da Pedra de Lúa.

Comparte nas túas redes sociais ou por email