Presentouse Bágoa de Lúa en Vigo

Categoría: Nova

O pasado sábado, e pechando os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentamos o primeiro tomo da triloxía fantástica, obra da escritora Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA.
No acto a autora estivo acompañada pola escritora Ledicia Costas e o editor Francisco Castro.
A carpa quedou chea de amigos e lectores interesados en coñecer a historia de Berenguela, unha moi nova amazona que vai ter que asumir unha responsabilidade enorme que pode cambiar o destino enteiro do reino.
Sabela González asinou moitos exemplares das lectoras e lectores que quixeron levar a súa rubrica e unha imaxe do blasón da cuberta, elemento fundamental nesta historia e en toda a triloxía.

Comparte nas túas redes sociais ou por email