O pasado luns, o Museo do Pobo Galego acolleu a presentación á prensa do libro de Antonio Fraguas Do tempo e dos astros. Trátase dunha publicación da Editorial Galaxia no marco da programación institucional das Letras Galegas 2019 da Xunta de Galicia, que este ano se lle dedica ao autor do volume. No encontro participaron Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística; Francisco Sangiao, secretario do Padroado do Museo do Pobo Galego; e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.

Do tempo e dos astros reedita dous traballos de corte etnográfico de Antonio Fraguas: “O culto aos mortos”, conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo en maio de 1931 e publicada por primeira vez ese mesmo ano, e “Preocupación polo tempo e os astros na crenza popular”, que vira a luz en 1975, no tomo V do Boletín Auriense. Dous textos que eran ata o momento difíciles de consultar e que esta publicación da Biblioteca Antonio Fraguas da Editorial Galaxia lle achega ao público no ano en que se lle dedican as Letras Galegas ao seu autor.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR