Esta mañá, ás 12:30h, tiña lugar na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación á prensa da convocatoria do I Premio de Novela Camiño de Santiago. No acto interviron membros das distintas entidades convocantes: Xesús Palmou e Ulises Bértolo, presidente e secretario da Academia Xacobea, Manuel Fernández Pellicer, delegado en Galicia de Naturgy, Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia.
Cun premio de 6.000 euros e a publicación da obra por parte de Galaxia, nos próximos días faranse públicas as bases do premio na nosa web, mais xa as podes consultar no sitio da Academia Xacobea.