Presentamos o booktrailer de Os elefantes de Sokúrov

Categoría: Nova

Antón Riveiro Coello presenta a súa última novela, Os elefantes de Sokúrov, hoxe mércores 11 ás 20h na libraría Couceiro de Compostela. Estará acompañado por Xesús Laíño, Xerardo AgraFoxo e Víctor F. Freixanes.

Os elefantes de Sokúrov é o libro do mes na web da Editorial Galaxia. Estreamos un booktrailer realizado por Noel Queipo e, durante este mes de novembro, compartiremos textos de Antón Riveiro Coello no blog e ofreceremos a posibilidade de descargar un anaco desta novela de amor, suicidio, crise económica, arte, memoria e solidariedade na que a cidade de Compostela ten un protagonismo moi especial.

Un menú degustación de petiscos para poder catar a altura literaria deste libro que axiña sorprenderá a crítica e lectoras e lectores.

Comparte nas túas redes sociais ou por email