Presentamos NÓMADES en Vigo

Categoría: Nova

Onte, no Centro de Recursos Feministas de Vigo presentouse 'Nomades', a novela gráfica de Xosé Tomás. No acto o autor estivo acompañado polo editor Francisco Castro.
A historia, que inaugura a colección de Novela Gráfica da nosa editorial, foi debullada polo seu autor durante o animado coloquio posterior co público asistente.
Xosé Tomás explicou, entre outras cousas, a diferenza entre a Banda Deseñada e a Novela Gráfica. Nesta en concreto, hai 'outras connotacións. En principio, non é cómica. Son microhistorias destinadas a un público adulto que xiran ao redor de mulleres inmigrantes'.
Baseado en experiencias cheas de trama e penurias, o autor atopou a inspiración en casos reais tras máis dun ano de pesquisas: Unha prostituta, dúas subsaharianas que cruzaron a Canarias en cayucos. O autor explicou a intensidade das súas entrevistas con elas e a forza das lembranzas que tiñan sobre esas viaxes ou a dureza das súas situacións actuais.

Comparte nas túas redes sociais ou por email