Presentación virtual de “O derradeiro libro de Emma Olsen”

Categoría: Evento, Nova

O xoves 28, ás 19:00 h, celebrarase a presentación da novela gráfica O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila e Pablo Prado. Acompañando aos autores, Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia, coordinará o evento.
Celebrarase na plataforma ZOOM. Podedes acceder ao encontro a través da seguinte ligazón e contrasinal, o día 28 de maio, ás 19:00 h.
Unirse á presentación Zoom:
https://zoom.us/j/96816502891?pwd=eVhOYkFZR0lSR2pHWFpDSkxQUHM2UT09
ID de reunión: 968 1650 2891
Contrasinal: 5SEGD2
Logo do éxito recollido pola novela de Berta Dávila, a autora, abeirada á pluma certeira de Pablo Prado, ofrécenos esta novela gráfica. De novo os mesmos personaxes atrapados polas paixóns da alma máis contraditorias. Capaces de amar, de odiar, de agochar segredos que só poden saír cando a vida chega á súa fin.

Escritora e debuxante en simbiose incrible para facer unha novela nova que, sendo a mesma, é radicalmente diferente.

Comparte nas túas redes sociais ou por email