Hoxe, ás 20 horas, na Casa do Libro de Vigo, preséntase a novela de Begoña Caamaño, 'Circe ou o pracer do azul'. No acto participan Víctor F. Freixanes, Susana Reboreda e a autora. Como remate do acto haberá unha actuación da cantante Uxía.

Nesta novela Begoña Caamaño (Vigo, 1964) relata o que nunca se contou da historia de Penélope e Circe, un dos mitos centrais da cultura europea. Unha muller leva once anos agardando polo retorno do seu home. Cando comeza a temer a probable morte do marido, recibe a carta dunha estraña, unha muller misteriosa que a informa de que o seu home non está morto, senón que vive con ela un romance apaixonado. A partir de aí vaise tecendo unha relación epistolar entre as dúas; o home dunha e amante doutra acábase convertendo só no pretexto que vai unir para sempre o destino das dúas mulleres.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR