A escritora Celia Díaz Núñez presentará a súa novela A BOCA DO MONTE acompañado pola poeta Celia Parra e o editor Francisco Castro mañá martes na Feira do Libro de Ourense. Durante o acto actuará o grupo musical As da Chispa.
Estamos diante dun libro que nos leva á época do imperio romano pero sen saír de Galicia, pois a acción desenvólvese no sur da provincia de Lugo, por terras de Quiroga, máis concretamente no túnel de Montefurado.
A súa construción é o comezo deste paseo pola historia real, pero salpicada da fantasía e da ficción propias dunha novela.
'A boca do monte' é o último libro de Celia Díaz e nel mestura eses acontecementos históricos coa vida dos personaxes xurdidos da súa imaxinación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR