Interviñeron Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e tamén poeta, a profesora de lingua e literatura galega Amparo Solla, e finalmente, por partida doble -como autor e fillo- Xosé María Álvarez Cáccamo.

Amparo Solla foi a encargada de ler e comentar, desde a análise literaria pero sobre todo desde a emoción, os poemas de Vento de sal, o último libro de Xosé María Álvarez Cáccamo, unha das grandes referencias da poesía galega dos nosos días.

A este correspondeulle falar da recuperación na colección Dombate de Galaxia de Canle segredo, poemario que Xosé María Álvarez Blázquez publicou en 1976
– vintedous anos despois de telo escrito- na Editorial Castrelos. O numeroso público asistente tivo a grande sorte de disfrutar destes versos cargados de sentimento na voz dun dos fillos do seu autor.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR