Presentación dos novos títulos da Biblioteca ESAD

Categoría: Nova

A Biblioteca ESAD que dende hai uns anos está a ofrecer ao público lector galego os títulos máis interesantes das autoras e autores dramáticos contemporáneos, presenta este xoves dous novos títulos da súa colección.

Manuel F. Vieites, director da ESAD e coordinador da colección, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, e Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, presentaran diante dos medios de comunicación os títulos 'Obra dramática completa', de Sarah Kane e 'Catro pezas', de Caryl Churchill.

A colección ESAD seguen a converterse así, nun catálogo referencial no país para todas e todos os que gustan da literatura dramática.

Comparte nas túas redes sociais ou por email