Cinco ensaios arredor da crise. Ramón Villares (presidente do Consello da Cultura Galega), Xosé Carlos Arias (coordinador do monográfico) e Víctor F. Freixanes (codirector da revista) presentan mañá, xoves, ás 19,30 horas, na Fundación Penzol, na casa da Cultura de Vigo, a última entrega de GRIAL, na que se recollen varios ensaios arredor da crise económica, social e cultural que estamos a sufrir.
O número aborda a crise dende unha perspectiva ampla, non so económica, tamén moral, institucional, cultural e social, entendida nun contextp amplo (a globalización) e con perspectiva histórica, mais con connotacións específicas para o caso galego, español e europeo. Ademais dos citados, participan neste número da revista Josep Ramoneda, Antonio Torrero Mañas, Antón Costas e Jose Francisco Teixeira.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR