Presentación do novo número de GRIAL o mércores en Compostela

Categoría: Nova

Este mércores ás 19.30, no Salón de Actos da Biblioteca Anxel Casal de Compostela, presentaremos o número 191 da revista GRIAL, dedicado nesta ocasió ao Instituto da Lingua Galega.
Participan no acto Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Ernesto González Seoane, membro do ILG e decano da Facultade de Filoloxía da USC, Antón Santamarina, membro fundador do ILG, e Rosario Álvarez Blanco, directora do ILG.
A GRIAL céntrase nesta ocasión no ILG ao conmemorarse os corenta anos de existencia desta institución sen a cal é imposible entender os estudos e situación académica da nosa lingua.

Comparte nas túas redes sociais ou por email