Presentación do novo libro de Xavier Queipo en Vigo

Categoría: Nova

O escritor Xavier Queipo presentará a súa nova novela, OS KOWA, Premio Blanco Amor 2015 acomapañado do escritor Xosé Monteagudo e o director literario de Galaxia, Carlos Lema.
Os Kowa é "unha historia trepidante que se desenvolve entre Europa e a Amazonia cun trasfondo de diálogo de identidades culturais de respecto pola diversidade e pola natureza. Está narrada con brillante oficio e dela destaca a súa calidade", afirmou no momento do fallo, a investigadora Malores Villanueva, secretaria do xurado do Premio Blanco Amor 2015.

Comparte nas túas redes sociais ou por email