Acompañado do director de edicións de Galaxia, Carlos Lema e da crítica literaria especialista en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas, o escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela TES ATA AS 10.
Dende que saiu hai quince días, esta novela está a chamar poderosamente a atención dos lectores e lectoras pola súa capacidade para enganchar dende o primeiro momento. A opinión é unánime: estamos diante dun libro que non deixa indiferente a ninguén.
Parte da chegada dun miserioso mail que envía nin máis nin menos que un morto ao seu fillo. Ou alguén que se fai pasar por el. En calquera caso, será o punto de partida para que o protagonista investigue uns estraños acontecementos que sucederon en 1972 e que a censura da época non deixaron que se coñecese. A través desa investigación, o protagonista irá descubrindo a historia dun pai que descoñecía. E, polo medio, dúas intrigantes historias de amor.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR