Presentación do novo libro de Eli Ríos na Coruña

Categoría: Nova

A escritora Eli Ríos presentará este mércores ás 19 horas o seu novo libro 'Marta e a píntega' no marco dos actos da Feira do Libro da Coruña. O libro, que está a ser xa un dos máis vendidos do país, presentarase coa presenza da autora que estará acompañada pola mestra de Educación Infantil, Nuria González e polo editor Francisco Castro.
SINOPSE: Ás veces, non é fácil expresar os nosos sentimentos… e moito menos cando estamos enfadadas! E Marta está moi moi desgustada! A píntega Oli aparece para facer un trato con ela: se Marta lle axuda a solucionar un problema no Mundo dos Contos, Oli bótalle unha pata para arranxar o seu. Será, nesa viaxe, na que, a través da empatía, Marta encontre a solución dos seus conflitos pero… como o fará?

Comparte nas túas redes sociais ou por email