Este venres, o escritor Carlos Labraña presentará o seu novo libro, MOITO MORRO CORPORATION SOCIEDADE ILIMITADA acompañado por Romina Bal e polo editor Francisco Castro.
Neste divertido libro o autor achégase ao mundo do circo, que sempre foi un chisco disparatado… pero nestes días aínda máis! Nesta divertidísima obra de Carlos Labraña acompañaremos a uns personaxes de circo certamente espectaculares, convertíndoo así, e sen dúbida, no "maior espectáculo do mundo!!