O restaurante O Lagharto Pintado de Vigo (Rosalía de Castro 8) será o escenario onde mañá se presentará o novo receitario do popular cociñeiro do programa da TVG, Larpeiros, e que leva por título COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS. O autor estará acompañado por o especialista en cociña e historiador Xavier Castro, o xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes
Estamos diante dun novo mollo de receitas que, como sinala o prologuista Xavier Castro, experto en cociña e historiador no prólogo do libro, queren celebrar a vida mais sempre dende propostas culinarias ao xeito de Benigno Campos, é dicir, reivindicando os sabores galegos de sempre e a cociña galega de toda a vida.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR