Mañá mércores presentaremos en Santiago o libro COCIÑANDO CON BENIGNO CAMPOS na Librería Cronopios.
Este é o cuarto libro dun dos autores que máis éxito teñen acadado en vendas en Galicia en todos os tempos. Parte do éxito pode explicarse nas palabras de Xavier Castro, experto en cociña galega e autor do limiar do libro: "A culinaria do larpeiro caracterízase polo emprego preferente de produtos galegos de calidade, frescos, do contorno próximo e de tempada. É unha cociña tradicional, democrática, pois emprega ingredientes accesibles e doados de encontrar, honesta, de espírito cordial, como era de agardar nun home cálido, simpático e próximo, que gusta da convivencia coa xente e das lerias desenfadadas despois de xantar".
O traballo fotográfico das receitas, fermoso e delicado, é obra do fotógrafo e músico Nando Iglesias.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Se continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies, clique na ligazón para máis información. sobre as cookies

ACEPTAR