Presentación do libro "Do que estou a falar cando falo de correr", de Haruki Murakami

Categoría: Nova

Do que estou a falar cando falo de correr é un fito en si mesmo para a nosa lingua e para o noso sistema literario na medida en que a edición en galego aparece nas librerías antes que a versión en castelán.

Haruki Murakami é un dos autores que máis venden e con máis predicamento en todo o mundo na actualidade. Neste libro aborda as súas experiencias como corredor de maratóns ao tempo que reflexiona sobre a súa condición de novelista.

Haruki Murakami, nado en Quioto no ano 1949, antes de dedicarse á literatura rexentaba un club de jazz, que deixou aos trinta anos, en 1979, para dedicarse por completo á literatura e á paixón de correr. Desde aquela, deu ao prelo obras admiradas en moitos países e en moitas linguas como Tokio blues, Kafka na beiramar ou Tras o solpor, tamén publicada na nosa editorial e con éxito unánime de público e crítica.

Comparte nas túas redes sociais ou por email